aqui gl/

FLORA E FAUNA

A Serra de Queixa, en pleno Macizo Oriental Ourensán e que forma parte da Rede Natura, é unha das xoias naturais de Galicia tanto pola diversa flora que poboa os seus bosques como pola fauna que os habita.

É habitual coincidir con algún destes “veciños” que viven en liberdade dentro a Serra de Queixa. Esquíos, corzos, teixugos, raposos, xabarins e mesmo o lobo ibérico son só algúns dos animais que pasean polos bosques que rodean Oca Manzaneda e que en ocasións podemos observar, sempre con precaución.


GASTRONOMÍA

O noso Restaurante Os Arandos e o noso Autoservizo Manzaneda encárganse de poñer na mesa a nosa proposta gastronómica, centrada na cociña popular da zona e onde poderá degustar produtos típicos como o cabrito asado, a androia ou os cogomelos de tempada, sen esquecernos dos máis larpeiros, que atoparán sobremesas como a bica, o mel caseiro ou o queixo fresco.

Folclore

O festival máis importante é o Entroido de Manzaneda, un dos máis importantes de Galicia, especialmente pola figura do Mázcara ea súa característica danza.

As Xornadas Micolóxicas de Vilariño de Conso son perfectas para os amantes da natureza e da micoloxía, que non poden faltar a esta cita co mundo dos cogomelos. Os distintos circuítos culturais de Manzaneda pechan a oferta cultural da zona.

LIVE OCA

Suscribase á nosa Newsletter [ofertas, promocións, novidades …]

Enviando su información está aceptando las bases legales