aqui gl/

O BIKE PARK da Estación de Montaña Manzaneda é un luxo para os afeccionados ao descenso en bicicleta.

Manzaneda conta cun dos mellores Bike Park de España. Seis pistas balizadas discorren polo bosque, con obstáculos naturais e artificiais: bumps, pasarelas de madeira, saltos, laxas e trialeras, deseñados para todos os niveis e estilos, ofrecendo unha alta cota de seguridade e diversión para o biker, asistidas polo Telecadeira de seis prazas, e con eventos especiais durante a tempada. Perfecto tanto para amantes do Downhill como do Enduro.

Servizos do Bike Park

  • Bike Patrols
    O noso equipo de Bike Patrols cada fin de semana velará pola seguridade e o mantemento dos circuítos, ademais de informarche sobre a Estación, os circuítos e os puntos máis espectaculares do noso Bike Park.
  • Zona de lavado de bicis
    Xunto aos despachos de billetes, Manzaneda Bike Park pon á túa disposición un punto de limpeza para que a túa bici quede impecable tras unha boa xornada nas nosas pistas.

Mapa das Pistas

LIVE OCA

Suscribase á nosa Newsletter [ofertas, promocións, novidades …]

Enviando su información está aceptando las bases legales